Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)
Lugar: Vimianzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Até o 1972 o goberno de Vimianzo dirixíase dende esta casa situada entre a rúa Trasariz e o vello Camiño Real. Arquitectonicamente é unha clásica casa vilega soneirá, de planta rectangular, de dous andares , tellado a dúas augas e varios balcóns con peitorís de ferro. As paredes están feitas de bloques de granito regulares na súa parte frontal, pero a traseira con cachotería irregular.
O Concello tiña que pagar arrendamento pola casa, até que o alcalde Manuel Antelo Varela decide cambiar a sede municipal a un edificio de nova planta construído con esa función presidindo unha nova praza no lugar onde se desenvolvería o ensanche vimiancés. Como curiosidade, este mesmo rexedor compraría a antiga casa consistorial no 1979 por cariño. O interior foi reformado profundamente e só se conservaron a lareira, o forno e o vertedoiro. No exterior, case non houbo cambios, soamente a parte traseira. Puliuse o patio e levouse o muro até a linde.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/12/13/0003_8168205.htm
LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1112245372
Lonxitude: -9.0335136652
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84