Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Cambeda
Lugar: Caxadas
Outra denominación do ben: Mámoa de Caxadas 1, "Arca de Ogas"
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Este dolmen forma parte dunha necrópole megalítica de catro mámoas. O túmulo da Arca de Caxadas 1 foi profanado e leváronse moitas das súas pedras. Presenta cámara poligonal e corredor. A necrópole ten seis pezas visibles, tres da cámara e outras tres do corredor.
A Arca de Ogas está catalogada e inventariada dende 1992. Localízase ó lado do Camiño da Brea, que une Ogas e Vilaseco.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15092025
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Aínda que tamén se coñece por Arca de Ogas, non está claro que sexa esta mámoa, que realmente se localiza en Caxadas. No boletín nº159 da Real Academia Galega Cándido Pedreira Santos fala dunha Arca de Ogas: “Destácase así también en dicho Valle, a la parte del Sur del mismo y orilla de la carretera de la Coruña a Finisterre, el enorme dolmen tumular, circundado de tierra, que forma línea con otros dos dolmenes de piedra, uno que llaman el Arca de Ogas, deshecho recientemente por los compradores de la finca donde se hallaba enclavado”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://academia.gal/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=2610&d-447263-p=1
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Seriamente en perigo. Hai cousas que xa non se poden arranxar, como o roubo das pedras e as que xa están esnaquizadas. Pero as que quedan están en perigo polas árbores, que as están movendo do seu lugar e destruíndo a mámoa.
Onde está localizado
Latitude: 43.0804082145Lonxitude: -9.05322790146
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
Manuel Rial says:
Set 15, 2011
Para orientar un pouco. A foto principal está tomada dende o corredor, co cal iso sería a cámara. Vense restos á esquerda é a dereita, con esa gran pedra partida.
Na foto pequena fotografía os restos de corredor e á dereita a pedra grande da cámara.
Manuel Rial says:
Nov 6, 2011
Hoxe levei unha grata sorpresa. A finca na que se atopan esta e outra mámoa foi limpada de maleza. Ademais, as pólas que afectaban ó dolmen foron retiradas.
Xandlinathry says:
Ago 5, 2012
Agora convertírona nunha pequena raposeira con restos dos pinos jajaja. Pero está moi ben. Graciñas por poñela. Saudos.
Tres dolmens a pé dende Vimianzo : O Compás – A revista dixital da Costa da Morte says:
Mar 18, 2013
[…] Viaxamos á segunda anta dende outro tesouro arqueolóxico do val: o Castro das Barreiras. Dende este xacemento o dolmen atópase a menos de dous quilómetros e medio. Para chegar a el dirixímonos á aldea de Ogas. Continuamos pola avenida principal e entramos no núcleo de Ogas por unha pista á dereita con varios hórreos. Na aldea iremos sempre á esquerda ata que non vaian quedando casas, sempre subindo. Seguiremos andando polo camiño da Brea, o vello vieiro que ía a Vilaseco. A un quilómetro e medio de camiño chegamos á necrópole de Ogas, de catro mámoas. Só unha delas está perfectamente escavada: a Arca de Ogas. […]
lolacanosa says:
Xuñ 28, 2017
Don Cándido Pedreira Santos era meu bisavô. Cándido do Papagaio. Acabo de me enterar.