Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Cambeda
Lugar: Caxadas
Outra denominación do ben: Mámoa de Caxadas 1, "Arca de Ogas"
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Este dolmen forma parte dunha necrópole megalítica de catro mámoas. O túmulo da Arca de Caxadas 1 foi profanado e leváronse moitas das súas pedras. Presenta cámara poligonal e corredor. A necrópole ten seis pezas visibles, tres da cámara e outras tres do corredor.

A Arca de Ogas está catalogada e inventariada dende 1992. Localízase ó lado do Camiño da Brea, que une Ogas e Vilaseco.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15092025
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Aínda que tamén se coñece por Arca de Ogas, non está claro que sexa esta mámoa, que realmente se localiza en Caxadas. No boletín nº159 da Real Academia Galega Cándido Pedreira Santos fala dunha Arca de Ogas: “Destácase así también en dicho Valle, a la parte del Sur del mismo y orilla de la carretera de la Coruña a Finisterre, el enorme dolmen tumular, circundado de tierra, que forma línea con otros dos dolmenes de piedra, uno que llaman el Arca de Ogas, deshecho recientemente por los compradores de la finca donde se hallaba enclavado”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://academia.gal/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=2610&d-447263-p=1


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Seriamente en perigo. Hai cousas que xa non se poden arranxar, como o roubo das pedras e as que xa están esnaquizadas. Pero as que quedan están en perigo polas árbores, que as están movendo do seu lugar e destruíndo a mámoa.


Onde está localizado

Latitude: 43.0804082145
Lonxitude: -9.05322790146
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84