Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Marrozos (Santa María)
Lugar: Vixoi
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase nun outeiro a 200 m. de altitude e a pouca distancia do Rego das Covas de Santa Lucía. Tamén está moi preto da Capela de Santa Lucía, a carón da pontella do río, por onde pasa a ruta da Vía da Plata do camiño de Santiago, pouco antes de chegar a cidade. Ten como castros veciños aos castros de Angrois e ao Castro do Cotro, na Susana , a escasos 2km polo noroeste e sueste , respectivamente.
A croa central , duns 80 metros, ten forma case circular, rodeada de varias liñas defensivas, formada por aterrazamentos e terrapléns, que aproveitan as pendentes do terreo, todo o conxunto do asentamento mide entre 120 m. de leste a oeste e 180 m. de norte a sur. A maior terraza, a modo de ensanchamento do recinto está na zona norte. Esta podería ser un antecastro ou formar parte na súa zona habitacional . O castro está repoboado con piñeiros e eucaliptos en gran parte da súa extensión, o que dificulta poder ver algún tipo de estrutura. Aos tres veciños que falei con eles non recoñecen o Coto coma un asentamento da idade do ferro, a pesares de ter traballado no lugar e levar o gando a ese monte cando eran nenos e estaba ben rozado. Estes apuntaban a existencia de moitos valados de pedra feitos para dividir as propiedades . Tampouco saben que está delimitado como ben cultural de tipo arqueolóxico nos planos do Pxom do concello de Santiago. Na segunda foto da ficha podemos ver o plano de pendentes Lidar do castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA15078043
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

VV.AA, (1987) Catalogación de Yacimientos prerromanos del Ayuntamiento de Santiago pp 124 ,125, 155 (fig 11) Arqueoloxía /Investigación 3. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Benestar. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico Artístico. Santiago.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.pdf (pax 37 e 38)

Ortofoto do Voo Americano do 56 . Lado esquerdo da imaxe
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ORTO56/Orto56_0095A-0108.pdf
Plano de Pendentes
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0095A-0108.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8462370899
Lonxitude: -8.51268768311
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84