Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Redondela
Parroquia: Vilar de Infesta
Lugar: Santiaguiño
Outra denominación do ben: O Marco, Anta de Maniola
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Marco miliario moi alterado, do que sobresaían do chan 1,70 m de altura antes da derradeira sondaxe arqueolóxica de 2007, na que se constatou unha altura de 3 m. Os traballos de iluminación nocturna posibilitaron, nesa mesma sondaxe dirixida en 2007 por Rafael Rodríguez, detectar varios elementos epigráficos orixinais: letras soltas “D”, “O”, “V”, “X” e “SS”, e unha palabra “FILI?”. Tamén aparecen mútiples cruciformes de épocas posteriores a romana. Trátase dun miliario posiblemente Altoimperial (quizáis de Adriano?) do século II d.C. localizado en posición primaria a beira da estrada orixinaria romana, a denominada Vía XIX do Itinerario Antonino ou Vía Bracara Asturicam, por Lugo. A identificación de esta estrutura viaria na intervención arqueolóxica do 2007, contribúe a deixar de lado a crenza de que as vías romanas estaban todas elas lastradas, xa que se descubriu como esta presentaba unha plataforma con unha amplitude de 9 metros e posuía unha “capa de rodadura” de arxila duns 15 cm de grosor. Hoxendia o chamado Camiño Portugués segue esta vía e son moitos os pelegríns que pasan diariamente polo seu entorno.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

O Miliario é obxecto de prácticas superticiosas. Os veciños gárdanlle tanta fe que se persignan cando pasan a carón del. Considerouse este miliario como dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra co obxecto de seren fértiles. Tamén se recollen testemuñas de veciños da zona que falan de propiedades curativas: “(…) ós rapaciños cando tiñan un mal que non daba curado con medicinas, traíanos os pais á pedra e sentábanos riba e días despois curaban do mal”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rodríguez Martínez, R.M.(2007): “O miliario de Santiaguiño de Antas, unha nova ollada a unha pedra antiga”. Boletín nº4 Seminario de Estudos Redondeláns (SEREN).
Orge Quinteiro, J.A.(2008): “Os miliarios romanos de Redondela. Apuntamentos para unha Historia de Redondela”. Boletín nº5 Seminario de Estudos Redondelans (SEREN).
Arias Vilas, F.(1992): “A Romanización de Galicia”. Edicións A nosa Terra.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O miliario atópase sin ningún tipo de protección e conta con unha insuficiente señalización. Nos derradeiros anos, a construcción dunha nave industrial perto do xacemento e a creación dunha zona chaira destinada a aparcamento contribuiron a degradar a contorna inmediata. A intervención arqueolóxica do 2007, xa comentada, enmarcouse dentro do “Proxecto Vías Atlánticas” que pretendía a recuperación como intinerario turístico-cultural do percorrido da vía romana XIX. O certo é que este proxecto non contou co apoio suficiente do concello de Redondela a xulgar polo estado de semi-abandono do que se encontra neste momento a ruta no seu tramo por este concello. De feito a súa coincidencia co percorrido Xacobeo merecería unha mellor conservación deste patrimonio histórico único por parte das administracións públicas.


Onde está localizado

Latitude: 42.2295955984
Lonxitude: -8.61096248031
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84