Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ourense
Parroquia: Vilar de Astrés (Purísima Concepción)
Lugar: Vilar de Astrés
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A igrexa parroquial de Vilar de Astrés, é unha edificación de unha soa nave, muros de cantería de granito e cuberta a dúas augas de tella plana, presbiterio mais baixo que o resto con cuberta a tres augas. Polo sur sancristía adosada, con cuberta a unha auga.
Pouca ornamentación, portada alintelada, porta de dúas follas e cornixa curvilínea de granito con dous pináculos nos laterais, espadana sobre cornixa moldurada, con dous arcos de medio punto con sendas campás, pináculos laterais e no centro frontón furado con outro arco de medio punto. Na cimeira cruz de pedra sobre base cúbica.
Adro pechado ó sur pola traseira de edificacións organizadas cun curral perpendicular a estrada.
A entrada a igrexa esta flanqueada por nichos de enterramento, que se sitúan moi próximos a ela.
Situada a entrada do pobo, chegando dende Ourense.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OURENSE/documents/0455CA012.pdf (P.28)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A igrexa esta flanqueada por nichos de enterramento, que se sitúan moi próximos a ela


Onde está localizado

Latitude: 42.3738549811
Lonxitude: -7.88074851036
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84