Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago (comarca) / Santiago de Compostela
Parroquia: Eixo (San Cristovo)
Lugar: Piñeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Capela de planta rectangular con sancristía engadida no lado norte e con teito a dúas augas. A fachada, de sillería de granito, é de estilo clasicista e remata no cume en cornixas voadas que conforman un triángulo a modo de frontón, onde apunta a data da súa construción 1829, a cargo dos veciños devotos. Porta principal alintelada e dúas ventás cadradas cun resaltes de sillares aos seus lados. Enriba dela unha fornela sen ningunha talla e na cima desta un van en forma de óculo. A espadana arranca de corpo rectangular con adornos de placas dende o cume da fachada. Ten dobre corpo con ocos de arco de medio puntos, remata na parte superior en edículo de lados curvos e oco central rematado en tres pináculos. Separan os corpos unha cornixas voadas. Diante da capela hai unha fonte feita a modo de fornela e con pía circular. O conxunto está a carón dunha pontella sobre o Rego das covas de Santa Lucía e moi preto está o cruceiro da capela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf (pax. 48 de 59 do Doc. pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8457179197
Lonxitude: -8.52006912231
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84