Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Castelo,
Concello: Carnota
Parroquia: Pindo
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Castelo Roqueiro ubicado no pico situado ao norte do Monte do Pindo, e por riba da Fervenza do Ézaro. Trátase dun conxunto complexo. Nun chan inferior atópanse os restos de varias edificacións. No cumio localízanse as ruínas do castelo. Podemos distinguir: a) no inicio da plataforma superior, figura a inscrición de excomuñón adxunta na fotografía, A súa tradución, segundo Barreiro Barral (anos 50) é a seguinte: REIS BISPOS PRESBÍTEROS/ TODOS POR PODERES RECIBIDOS DE DEUS/ EXCOMULGARON AQUÍ ESE CASTELO. A inscrición sitúase nunha laxe en pendente, e previamente a ela localízanse unha serie de escalóns labrados na rocha. b) A zona superior comprende o castelo propiamente dito, integrado por unha serie de plataformas de terra e pedra iniciais e unha serie de escotaduras na pedra (rebaixes, escadas) destinadas a albergar o edificio. Polo pleito Tabera-Fonseca, sabemos que era unha fortificación moi pequena, presidida por un torreón e unhas pequenas dependencias anexas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BARREIRO BARRAL, J. (1986) –Los Montes del Pindo. Olimpo celta y desierto de piedra. Diputación A Coruña.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O castelo está sendo vítima do vandalismo. Na nosa derradeira visita á fortificación advertimos as pintadas realizadas con spray por un individuo que asinaba como “Rojo” e que repasou a inscrición pintándoa con este spray.
A inscrición non só foi danada, senón que as continuas excursións ao castelo están a desfacer os caracteres da esquerda do gravado. Como moita xente non advirte a existencia da inscrición, pisa por riba facendo que parte dela estea en grave perigo de desaparición. Unha solución sería advertir da existencia da inscrición, balizala e protexer o acceso.
Tamén hai que indicar que o acceso ao recinto superior de Penafiel é MOI PERIGOSO, especialmente no inverno ou se se padece de vertixe.
Onde está localizado
Latitude: 42.9076571392Lonxitude: -9.11247253418
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Manuel Rial says:
Xan 13, 2012
Asina a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural!
http://actuable.es/peticiones/a-prol-da-declaracion-do-monte-pindo-como-parque-natural