![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_IMG_3905.jpg)
Outra fotografía:
![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_9e72f8a1f075db9904f43ccf46633f23_IMG_3906.jpg)
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Caldelas de Tui (San Martiño)
Lugar: Os Baños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O edificio principal do Balneario de Caldelas de Tui é do ano 1886, e consta de tres plantas construídas en pedra de costa, con cuberta a dúas augas. Na fachada destaca a porta principal de entrada con arco de medio punto, e as fiestras rectangulares enmarcadas.
Este edificio foi custeado por Antonio Oliver Rubio, xeneral da época de Alfonso XIII e propietario dos baños. O esplendor deste balneario chega ata os anos da Guerra Civil e motivaba a existencia de numerosas fondas e hoteis para acoller aos auguistas.
Nun edificio anexo de recente construción estan situadas as habitacións.
En Caldelas destaca a presenza das súas augas termais citadas xa no século XVII e que está na orixe do seu topónimo. Dende época descoñecida ata 1950 tense constancia da utilización de barracas de chozas ou barracas de madeira para tomar os baños.
O seu manancial data posiblemente de 1650, segundo aparece na obra de D. Pedro Gómez de Bedoya y Paredes “Historia Universal de las Aguas Minerales de España”.
O manancial foi descuberto de forma casual. Os veciños, para aproveitar as augas fixeron un pozo de circunferencia de 20 pés e unha vara de profundidade. Posiblemente anegado polas crecidas do Miño, foi redescuberto cara a 1750. Nun principio as augas termais, unha vez arrefriadas serían empregadas para regar o millo (que medraba rapidamente) e para curar feridas en animais; finalmente daráselle uso humano.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 55)
http://www.balneariodecaldelas.com/balneario.htm
BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez, Ana María. “El balneario de Caldelas de Tui”. Tvdae nº 3, 2000. Bolentín informativo de la Asociación Social y Cultural Arzobispo Lago. Tui.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0553432109Lonxitude: -8.56733500957
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84