Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Paramos (San Caetano)
Lugar: San Caetano
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A capela de San Caetano foi construída sobre unha antiga capela alí existente e fíxose no ano 1927, como consta na súa fachada principal. Con fábrica a base de cadeirado granítico, ten unha soa nave de piso de pedra, paredes enfuscadas e pintadas, teitume de madeira e tribuna. Hai dúas portas de acceso: a da fachada principal, no oeste, e outra de servizo no lado norte. Na fachada principal, a porta é apuntada. Ten un óculo central cunha vidriera sinxela. Unha cornixa ascende ata a base da espadana, de un só oco para a campá. O conxunto remata cunha cruz pétrea e dous pináculos piramidais.

No interior podemos ver un pequeno retablo. No centro da predela ten o Sagrario. Consta de corpo con tres rúas e ático. A fornela central ocúpaa o patrón, San Caetano, e as laterais a Virxe de Fátima e Santa Marta. Na fornela do ático hai unha imaxe da Virxe da Aparecida. A imaxe de San Caetano é unha talla de madeira, que adaptaron para poder vestila, co que perdeu bastante valor.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 45)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/paramos.pdf
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=270828468


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0624446285
Lonxitude: -8.59897434711
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84