Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Guillarei (San Mamede)
Lugar: A Gándara
Outra denominación do ben: Capela da Gándara
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Capela de planta rectangular, dunha soa nave. Nos seus laterais destacan as galerías con arcadas abertas e cubertas a unha auga.
Na fachada podemos ver a porta principal de entrada con arco de medio punto recercado. A ambos lados da porta aparecen dúas molduras de desenvolvemento vertical, a modo de pilastras, sobre as cales descansa unha moldura en arquitrabe, enmarcando a porta. A ambos lados do arquitrabe hai dous pináculos sobre volutas, e no centro un escudo enmarcado. O conxunto remata cunha espadana dun só van rematada en cruz.

Esta igrexa, construída no ano 1948, foi mandada facer polas familias do lugar Fernández e Gómez.

A capela foi restaurada e ampliada no ano 1998.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 13)

BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. ANTIGUAS FIESTAS. ROMERIAS Y PROCESIONES DEL BAJO MIÑO. A Guarda. 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0786659086
Lonxitude: -8.62471282482
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84