Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario).
Lugar: Praza da Inmaculada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dunha obra promovida por suscripción nacional en 1946 e para o que nun primeiro momento contárase como executor a Francisco Asorey. Este escultor chegara a realizar a maqueta para o proxecto pero debido a falta de tempo nos prazos, rescindiu o contrato. Debido a este contratempo foi preciso convocar un novo concurso do que saíu vencedor o artista ponteareano Alfonso Quinteiro Alonso.

O Padre Rosendo Salvado e Rotea, nado en Tui no 1814, falecido en Roma, no convento da basílica de S. Paulo Extramuros no 1900 e soterrado en New Norcia no 1903 baixo un sepulcro de mármore de Carrara, fora un monxe bieito e bispo que levou a cabo unha importante laboura misioneira na Australia Occidental. Alí fundou a Misión de New Norcia, onde fixo por dignificar e protexer aos aborixes australianos dos abusos perpretados polos colonos británicos. Ademáis do seu carácter aventureiro destacou coma organista e compositor, botánico ou mesmo antropólogo.

O monumento mostra un claro carácter decimonónico en canto á súa composición de peana e escultura realista, pois desde a chegada do franquismo España rachara coa vangarda artística imperante para retrotraerse cara posturas máis academicistas ou incluso castizas. Sen embargo este feito non desmerece en absoluto o resultado obtido por Quinteiro en canto a calidade artística e estética.

O monumento consta dunha base cúbica sobre a que repousa un grupo escultórico realizado en pedra de Córdoba que representa a unha muller aborixe amosando unha cruz ao seu fillo. Tras este grupo escultórico elévase un corpo cuadrangular granítico do que sobresaen polos laterais uns anexos que albergan sendas cunchas de vieiras (símbolo da mitoloxía grecolatina e da cultura galega vinculada a Santiago Apóstolo) ás que aportan auga dous cisnes negros (especie endémica de Australia) de bronce que simbolizan as terras oceánicas. Finalmente sobre a peana aparece en actitude de bendicir Rosendo Salvado. Ao mesmo tempo que bendice, Salvado está perfectamente retratado nunha acción de movemento cara a fronte, mentres que sinala a cruz peitoral coa man esquerda que tamén suxeita un breviario e inclina a cabeza en sinal de respeito e humildade.

En liñas xerais, o monumento consegue unha visión harmónica e elegante, na que destaca a efixie do homenaxeado polo seu perfecto equilibrio, execución e proporcionalidade que conseguen dotar á imaxe das características psicolóxicas do retratado. O hábito do bispo aparece espléndidamente estudiado en canto ao tratamento dos pliegues

En comparación co proxecto de Asorey, o monumento de Quinteiro resultou máis sinxelo, aínda que compartirían semellanzas. Así, o primeiro presentaría na base un conxunto de pedras ciclópeas simbolizando a fortaleza dos alicerces da civilización. Rosendo Salvado, en bronce tamén, aparecería sedente en actitude de bendicir; os cisnes negros e as vieiras manteríanse similares e flanqueando ao bieito aparecerían dúas esculturas en pedra, unha coa mesma iconografía coa que aparece na actualidade e a outra representando a un home aborixe cun libro, trigo e un instrumento de labranza, aludindo ao progreso de Australia.

A obra de fundición foi realizada na Fundición Manuel Malingre de Ourense no ano 1949 e o monumento inaugurouse nese mesmo ano dentro das festas conmemorativas do centenario da chegada do Padre Salvado a terras australianas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GALLEGO ESPERANZA, Mª DE LAS MERCEDES. “La escultura pública en Pontevedra”. Pontevedra, 1996. (pp. 85-86)
PRADA BLANCO, A. “Crónica desde el país de los sin alma. Rosendo Salvado en Australia. 1846 – 1899”. Biblioteca gallega, 2014.

http://www.quinteiroalonso.com/
http://tudensia.blogspot.com.es/2009/06/lembranzas-de-alfonso-quinteiro-alonso.html
http://aboga.wordpress.com/page/2/
http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/rosendo_salvado.pdf
http://www.newnorcia.wa.edu.au/docs/salvado-bicentenary-brochure.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/01/12/rosendo-salvado-gigante-invisible-tras-eucaliptos/0003_201401G12P20992.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0481951888
Lonxitude: -8.64447802305
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84