
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Boullón (San Miguel)
Lugar: Cantelar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A uns 50 metros ao leste dun lugar de afloramento de penedos chamado Coto Cornido, e que se eleva da contorna facendo un pequeno montículo, hai unha superficie chan de pedra que ten dúas cazoletas. Estas terían unhas medidas de 20 cm. de profundidade e uns 15 cm. de diámetro. Están distantes entre si uns 4 metros, e segundo a descrición da ficha de Bens arqueolóxicos do pxom do Concello de Brión do ano 2003, ..“a laxe lixeiramente inclinada conta cunha serie de incisións curvilíneas a xeito de fisuras que atravesan a laxe en dirección vertical e horizontal”. Isto último debido a cantidade de restos de frouma e lique que se estende pola superficie non se observa a simple vista. A pedra está rodeada de piñeiros e eucaliptos, cerca dun cruce de camiños. Situaríanse entre o Monte do Castro de Tembra, a 800 metros ao norte, e o río Do Pego, a 300 metros ao sur, preto da aldea de Cantelar
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA028.pdf
(pax 22 de 37 do doc pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8473855418Lonxitude: -8.70390236378
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84