Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: San Sadurniño
Parroquia: Santa María de Narahío
Lugar: Castelo, Narahío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Este fermoso castelo érguese sobre un inaccesible outeiro nas ribeiras do río Castro. É un típico castelo rochedo que se ergue poderoso adoptando a súa planta ó terreo, tendo por tanto, unha forma irregular, máis ou menos dun dodecágono irregular con moitos desniveis. Accédese á fortaleza por un carreiro moi empinado e que estaba amurallado semellando ter unha primeira porta de acceso, ata chegar ás portas principais polo Leste, sendo a primeira de arco de medio punto no interior e no exterior, conservando as ringleiras dunha porta levadiza e os buratos para as trancas. Na segunda porta, asimétrica con respecto á anterior para unha mellor defensa, na parte interna contén un arco de medio punto, e esta coroada por unha pedra armeira moi desgastada que semella as armas dos Andrade, conservando dous buratos para as trancas que ían polo interior da muralla e que servían para atrancala porta cando se pechaba; polo interior o arco é combado. Non hai foxo defensivo nen ponte levadiza, innecesarios polo escarpado do terreo. Óllanse diversas seteiras que defenden a entrada. Cando se chega ó alto que ven sendo o patio de armas, érguese nun extremo a Torre da Homenaxe de estilo normando. De planta cadrada duns dez metros de ancho e uns dezaoito de alto. Coróase cunha bóveda de canón e fáltalle o acornixamento ameado. A torre posuía tres andares cunha única porta de entrada moi estreita e con arco de medio punto no primeiro andar, a uns nove metros de altura dende os seus cimentos. Tamén se conserva boa parte da cerca, con restos do paseo de ronda e unha torre cuadrangular de defensa no ángulo norlés.
O castelo pertenceu á linaxe dos Piñeiro ata que lles foi desposuído a Pedro González Piñeiro partidario de Pedro I, o Cruel, por Henrique II para regalarllo a Fernán Pérez de Andrade, o Boo, condes de Andrade, a pesar de que non era propiedade real. Diversas fontes documentais parecen indicar que estaba habitado xa no ano 1152.
Unha pequena cronoloxía sería: Ano 1364, Pedro I cédelle A Fernán Pérez de Andrade a freguesía de Narahío. Ano 1369, É asasinado en Montiel Pedro I polo seu hirmán Henrique II. Fernán Perez de Andrade participa no asasinato. Ano 1371, Henrique II doa a Fernán Pérez de Andrade o Castelo de Narahío. Ano 1466, Revolta Irmandiña, o castelo é destruído polos homes de Alonso de Lanzós. Ano 1469, reconstrucción do castelo por Diego de Andrade.
O castelo estaba nun lamentable estado de ruína ata que o goberno do bipartito iniciou unhas labores de recuperación do entorno no ano 2007 e despois, a finais de xullo de 2008, asinou un convenio co Ministerio de Fomento para a consolidación dos muros da fortaleza. Trátabase de recolle-las pezas da muralla que se atopaban dispersas polo terreo que garda a fortaleza así como nas beiras do río Castro que pasa o seu carón, para repoñelas e estabilizalas dentro dos muros perimetrais aos que pertenceron. Co cambio de goberno, este castelo voltou o esquecemento e abandono e polo tanto a un estado de ruína cada vez máis visíbeis.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dise que existe un pasadizo secreto que ía dende a ribeira do río Castro ata o interior do castelo, concretamente a Torre da Homenaxe.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Boga Moscoso, R.:”Guía dos Castelos medievais de Galicia”. Edicións xerais de Galicia, xullo 2003.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANSADURNINO/documents/0355CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4945087421
Lonxitude: -8.05890351534
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84