Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castro Caldelas / Terra de Caldelas (comarca)
Parroquia: Castro Caldelas (San Sebastián)
Lugar: O Castro de Caldelas
Outra denominación do ben: Igrexa de Cimadevila
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena igrexa renacentista do século XVI, moi reconstruída, a base de perpiaño regular granítico. O único elemento renacentista que posúe é o seu frontispicio. Posúe planta rectangular. Na fachada aparece a porta principal con arco de medio punto, un óculo circular e unha espadana de dous tramos, o inferior con dous vans con arcos de medio punto e sendas campás, e o superior cun so van con arco de medio punto. Destaca a escalinata para chegar á espadana.
No interior, o retablo é posterior e de estilo churrigueresco. Destacan ademáis os escudos de armas dos Condes de Lemos situados nunha porta lateral, iguais que os que existen no castelo de Castro Caldelas.
Esta edificación foi a vella igrexa da vila, situada na parte máis alta e rodeada polo cemiterio. So se usa como lugar de culto na conmemoración dos Fieis Defuntos (2 de novembro). O resto do ano permanece pechada.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CASTROCALDELAS/documents/0436CA001.pdf (Páxina 3)
http://www.castrocaldelas.es/index.php/es/2013-07-03-07-30-23/igrexasecapels-2
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5271&ctre=31
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3776336197Lonxitude: -7.41592168808
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84