Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo)
Lugar: Santo Estevo de Ribas de Sil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Igrexa románica de finais do século XII e comezos do XIII, pero con modificacións posteriores. Posúe planta basilical, con tres naves de cuatro tramos rematadas por tres ábsides semicirculares. O central é algo máis baixo que os laterais para deixar espazo a un amplo rosetón que ilumina o templo. Os dous laterais teñen aspecto de torreón ao haber sido modificados, aumentando a súa altura, no momento no que se construiron as bóvedas das naves do templo. Todos son de estilo románico y están divididos por contrafuertes en forma de prolongadas columnas que alcanzan la cornisa.
Orixinariamente tíñ­a teitume de madeira, que foi sustituida no século XVI por bóvedas de crucerí­a.

A portada principal destaca polas duas torres prismáticas de finais do século XVII e principios do XVIII, como a meirande da fachada.
A portada da igrexa posúe tímpano liso soportado por dúas mochetas que representan a un demo e a un anxo. Os capiteis das oito columnas levan esculpidos motivos vexetales, dragóns mordendo as súas colas e arpías. Leva arcos murais cegos, gardapolvos de puntas de diamante e xambas aboceladas. Esta porta ten catro arquivoltas de medio punto de distinta decoración entre as que destaca a interior con seis estatuas radiais de músicos e outra personaxe que mostra un motivo circular.
Enriba desta estrutura aparece un texaroz con arquillos apoiados en ménsulas e rosetas nas metopas. Remátase cun rosetón de tracerías amplamente caladas.

Os muros laterais atópanse articulados mediante catro arcos de descarga que cobixan sendos ventanais ben articulados mediante arquivolta, chambrana e columnitas. Baixo unha destas arcadas aparece a portada meridional de sinxela factura a base dunha soa arquivolta e tímpano sen esculpir.

No seu interior gárdase un altar de pedra de gran tamaño que representa a Xesús cos Apóstolos. ESte altar de forma pentagonal apareceu nos anos 50, no proceso de restauración do templo, detrás dunha parede caleada. Dita peza puido ser un frontal de altar ou tamén que formase parte dun tímpano.

Os traballos de rehabilitación que se levaron a cabo no ano 2021 descubriron unhas pinturas murais nas que se mostras seis escenas do Novo Testamento datadas entre os séculos XV e XVI: na marxe esquerda a pintura dunha muller flaxelada por un verdugo e a varios mártires entre as lapas cuxas almas están intentando ser rescatadas por uns anxos; pola parte baixa o martirio de Santa Catalina de Alexandría, que foi decapitada polo emperador Maximino: na parte inferior o que semella un dragón; na marxe dereita se representa o martirio de Santo Estevo apedrado; e por último unha pintura que representa a Adoración dos Reis Magos na que se aprecia a San Xosé, a Virxe María e o Neno recibindo a visita das súas Maxestades.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 6 de xullo de 2020 anuncia o próximo proxecto de rehabilitación deste fermoso ben (ver referencia bibliográfica).

A prensa dixital do 2 de xullo de 2022 anuncia un novo traballo arqueolóxico neste ben (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOGUEIRADERAMUIN/documents/0453CA004.pdf (Páxinas 6 a 13)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5216
http://www.arquivoltas.com/11-galicia/01-sestevoribassil%2001.htm

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=31315

Santo Estevo de Ribas de Sil, una leyenda hecha realidad


https://www.diariodepontevedra.es/articulo/galicia/anillos-legendarios-resultaron-ser-verdad/202012031919391115849.html

Coñeces a historia dos nove aneis máxicos de Galicia?…. Pois acaban de aparecer

PINTURAS MURAIS (xullo 2021)
https://www.laregion.es/articulo/ourense/santo-estevo-destapa-murales-escenas-martires/202107272242421049837.html
https://www.farodevigo.es/ourense/2021/07/30/iglesia-santo-estevo-anillos-magicos-55654636.html

La Iglesia de San Estevo de Ribas de Sil descubre los murales hallados tras relicarios y cal, de gran valor artístico

TRABALLOS SONDAXES ARQUEOLÓXICAS XULLO 2022
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/70470/xunta-busca-los-origenes-del-monasterio-santo-estevo-ribas-sil?langId=es_ES
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/07/03/xunta-busca-origen-monasterio-santo-estevo-ribas-sil/00031656883583330156231.htm
https://www.cope.es/emisoras/galicia/ourense-provincia/ourense/noticias/xunta-busca-los-origenes-del-monasterio-santo-estevo-ribas-sil-20220704_2178253
https://www.laregion.es/articulo/ourense/actuacion-arqueologica-santo-estevo-busca-origenes/202207022202561143514.html

En busca de los orígenes del monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.41700194
Lonxitude: -7.68538713455
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84