Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Morás (San Estevo)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e unha mesa acaroada. O pedestal é cuadrangualar rematado cun bocel e mediacana. Ten unha inscrición nas súas caras que di: “SE HIZO SIE/NDO CURA D /MANUEL Mª/SEOANE A 1862”. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado. O capitel é cuadrangular moldurado e con unha figura dunha cruz dentro dun círculo por cada cara. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Dorosa amosando o seu corazón sobre unha peaña dun anxo con ás.
O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación e por ter máis de cen anos convértese en un Ben de Interese Cultural polo Decreto 449/1973, de 22 de febreiro (BOE núm. 62, de 13 de marzo) e pola LEY 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (BOE do 29 de xuño de 1985).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, Vol.I; Deputación provincial da Coruña, 1999.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA001.pdf (páx.28).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2993740759
Lonxitude: -8.47434416413
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84