Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Morás (San Estevo)
Lugar: Campo da Festa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico cunha inscrición: “ESTE CRUCEIRO FOI INSTAURADO SENDO PARROCO DON MANUEL BLANCO REY ANO 2008”. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado. O capitel é cuadrangular decorado cunha figura vexetal, a flor de lis. A súa cruz é cuadrangular e polo anverso presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara adiante e o seu pano de pureza vai sen nós. Non ten nengunha imaxe polo reverso. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.
Este cruceiro ven sustituíndo a un antigo, que rompeu en anacos despois dunha tala de eucaliptos. Do antigo tan só se conserva a plataforma.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.298341078
Lonxitude: -8.47087338567
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84