
Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Castelo,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: A Baña (San Vicenzo)
Lugar: Xasoso-Guende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
O Castrallón de Xasoso está definido no Pxom do concello Baña do ano 2003 como un posible asentamento defensivo de época medieval. Situada nunha lomba en pleno val, a estrutura circular ten un diámetro de 60 metros. Na ficha do Ben arqueolóxico do concello define a existencia dun pequeno outeiro na cima con restos de pedra de mediano tamaño e que estaría rodeado dun pequeno parapeto, pero debido a que está, a día de hoxe, inzado de maleza non é fácil poder aprecialo. Cara o lado norte pasa un regueiro, e por esta zona e cara o leste as pendentes son máis acusadas. A estrada que pasa ao seu carón parece que cortou parte na súa estrutura defensiva e un foso que a rodearía. Segundo informou o veciño de Guende señor Manolo “ Cholo”, aínda recorda como había un foso todo a volta do recinto pola cara norte e leste e unha plataforma chan no cume. Pola banda sur e oeste, despois dunha pendente bastante pronunciada, remata nos terreos agrícolas, onde se pode apreciar mellor a súa forma. Nas segunda foto de pendentes Lidar podemos apreciar a súa proximidade ao castro da Baña e a Igrexa de San Vicenzo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA010.pdf
(pax. 10 do pdf )
plano de pendentes da Zona
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0303.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9554331339Lonxitude: -8.76515865326
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





