Outra fotografía:

Tipo de ben: Pombal,
Concello: Arteixo
Parroquia: Morás (San Estevo)
Lugar: Reitoral de Morás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Formando parte do igrexario de Morás, este pombal de planta circular, de cachotería agás os vans da entrada rectangular, están recebados e caleados, nos que se abre a porta, nas que se utilizan boas pezas de cantería. Rompendo o volume circular, un beirado que o cingue na parte alta, e que serve para pousarse as pombas, antes de acceder ó interior por uns buratiños protexidos por outro beiril que tamén o cingue. Un fachinelo con amplo derrame interno serve para ilumina-lo inteerior, no que se dispoñen os pombeiros, nichos feitos con pedras, onde aniñan as pombas; e un bebedeiro, pía granítica rebaixada ni interior, apoiada nun piar cilíndrico de cachotería, utilizable para botarlles gran no inverno. Despois síguelle unha altura de cachotería a vista de medio metro máis ou menos, conformando un tellado cunha lixeira inclinación a unha auga semellante os pombais de ferradura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2987279097
Lonxitude: -8.47326256335
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84