Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Arteixo
Parroquia: Morás (San Estevo)
Lugar: Igrexario, Morás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Estamos ante un excelente exemplo de vivenda, máis na liña coas casas grandes que coas do mundo do rural. Construída en cachotería agás os vans das portas, xanelas e esquinais, presenta unha planta en L con dous andares. O número de xanelas abertas na fachada é salientable, presentando catro na fachada que mira ao adro da igrexa na planta alta. No baixo presenta unha porta rectangular con tres xaneliñas rectangulares. Accédese a planta alta por unhas escaleiras polo lado apegada a un garaxe. A cuberta é a tres augas por cada nave, con tella curva do país. Esta reitoral forma un fermoso conxunto coa igrexa románica e o pombal neste fermoso val de Loureda.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2991088
Lonxitude: -8.4734433
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84