Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Dodro / Rois / Sar (comarca)
Parroquia: Rois
Lugar: Casa do Porto
Outra denominación do ben: O Castelo
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Pequena fortificación ubicada nun rechán no alto do monte Pico do Porto. O castelo fai a divisoria entre os municipios de Dodro e Rois. Consiste nunha plataforma duns 24 metros de diámetro elevada artificialmente sobre o terreo circundante a base de terra e usando, posiblemente, pedras para a contención da terra. A plataforma é circular e presenta unha pequena elevación nos bordes que poder suxerir a existencia dunha muralla ou unha empalizada moi destruída na actualidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

É parte dunha superficie de explotación forestal e, polo tanto, está sometido continuamente á acción da maquinaria. Ao non estar inventariado, esa acción faise sen control.


Onde está localizado

Latitude: 42.7486824575
Lonxitude: -8.71132135391
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84