Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Petín
Parroquia: Santoalla do Monte (Santa Baia)
Lugar: Santoalla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cabeceiro de planta cadrada e cuberta en carpintería de madeira con pinturas ornamentais (rodelas solares e outros motivos). A nave principal está sustentada por dous arcos de medio punto, sendo o primeiro de entrada a cabeceira. Amosa outra nave lateral pola beira sur e sacristía acaroada a cabeceira, tamén pola beira sur.

No exterior, vemos unha espadana de dous pisos, con dous ollos no corpo inferior e un no superior, e remates en pináculo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Retablo maior de estilo barroco de dous pisos, estando o inferior divido en tres ocos separados por columnas salomónicas ornamentadas con racimos e follas de vid. Amosa as Imaxes, de esquerda a dereita, da Inmaculada (século XX), Santa Baia (século XIX) e San Anton Abade (século XX).

No piso superior talla popular de Cristo crucificado e dous santiños do XVIII, San Francisco e San Xosé.
Detras da cruz, no oco, pintura orixinal da crucifixión cun paisaxe urbano (Xerusalén) ao fondo.

Na pared norte, atopamos outro retablo dun so piso coa imaxe da Virxe do Rosario (de tecido sobre armazón e cabeza con ollos de cristal) e, a carón, un pequeno retablo neogótico coa virxe do Rosario.

Outro retablo na nave lateral coa imaxe de Santa Barbará de principios do XIX.

Cabe destacar a presenza de dous misales da imprenta Plantini. Un firmado por Plantini e Moretti datado no ano 1691 e o outro de data imprecisa por estar perdida a primeira folla pero con gravados e estilo do mesmo taller. Tamén hai outro misal pequeno do XVIII pero sen gravados.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“Inventario do Patrimonio Cultural da Provincia de Ourense. Petín” [Consulta 17-03-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA005.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Acumulación da humidade no interior. As madeiras da sacristía amosan pudrición e humidade en esceso. Visos de termita nas imaxes do retablo.


Onde está localizado

Latitude: 42.364616471
Lonxitude: -7.05108761787
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84