Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Av. Pedro Barrie de la Maza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Dende os tempos en que embarcou Carlos I para ser o emperador Carlos V de Alemaña, dende o porto da Coruña, recibindo en Aquisgrán, a primeira Coroa imperial, A Coruña xa tiña condición de praza forte, e xa dende a Idade Media estaba fortificada, pois daquel período era a muralla que cinguía a Cidade Alta ou Cidade Vella como actualmente se coñece. Co tempo a cidade creceu, e o arrabal da Pescadería, residencia de mariñeiros e mercaderes, tamén contou cunha defensa. Segundo a descrición da época dicía: “As murallas da parte de terra abarcaban dende a batería de salvas ata a praia do Orzán, pechando así o itsmo que unía a cidade a terra firme.Formábana un baluarte plano no centro e un semibaluarte cunha tenaza sinxela á esquerda que decía o porto e cara parte a rúa de Garás, barrio de Santa Lucía. A dereita de dito forte e pola parte do Orzán, había outro semibaluarte con cabaleiro e contragarda e un espigón que avanzaba ó mar para pechalo paso, que de todos modos quedaba aberto en marea baixa. Unían estas dúas defensas dúas cortinas e na dereita estaba a Porta da Torre de Arriba, co seu foxo e un camiño cuberto a medio facer. Pola parte do Orzán non había obstáculos, por considerar suficiente o duro e bravo do mar nesta enseada”.
En realidade, tiña para súa defensa unha sinxela muralla, duns 3,60 metros de alto, que unía o Orzán co Porto construída no século XV. Esta muralla contaba con dúas portas; A da Torre de Arriba e a da Torre de Abaixo. A da Torre da Arriba era onde se situaba o semibaluarte chamado Caramanchón ou Camaranchón, dependendo dos autores, uns din Caramanchón pero nos planos da época ven escrito como Camaranchón. Na Torre da abaixo situaríase o forte do Malvecín e máis tarde a Batería de Salvas. Esta Torre de Abaixo e unha parte do muro quedarían case destruídas durante o ataque do pirata Francis Drake no ano 1589 e non se acometerían melloras ata mediados do século XVII.
A Coruña continuaría mantendo as súas murallas ata mediados do século XIX. No ano 1840, o concello acordou o derrubo das que separaban a Cidade Alta da Pescadería. Aquel acordo municipal pretendeu ser un importante paso para o desenrolo urbán, coa creación de novos espazos para a cidade.
O derrubo das murallas da Pescadería iniciaríanse no ano 1869 e permitiría o trazado da rúa Juana de Vega e o ensanche da poboación. Únicamente ficou uns anos máis a Batería de Salvas, situada no antigo forte do Malvecín, ata a súa demolición rematada no 1905.
Como último vestixio daquelas antigas fortificacións da Pescadería, tan só se conserva a Coiraza do Orzán, antigo espigón que formaba parte do semibaluarte de Caramanchón. O seu aspecto actual é o resultado dunha reforma do ano 1763.
Hoxe en día está integrada no Paseo Marítimo como mirador asemellando a unha popa invertida dun barco, onde seguen a rompe-las ondas do mar. Nembargantes, este espigón do Camaranchón fáltanlle moitos elementos que o caracterizaban. Orixinalmente, contaba no seu extremo cunha garita de vixilancia costeira, onde a súa base aínda está perfectamente conservada pola cara que dá á praia de Riazor.
Tamén segundo os planos da época, neste mesmo lateral da Coiraza, tiña varios canóns emprazados para un hipotético ataque por esta zona. En concreto tiña: na cabeza do espigón, catro merlóns con tres troneiras para outros tantos canóns. No lateral xa comentado tería cinco merlóns con outras cinco troneiras e pegadas xa o muro de Camaranchón mirando cara o océano, onde se ensancha o espigón polo Oeste, outras catro troneiras.
A coiraza-espigón de Riazor-Orzán é un Ben de Interese Cultural (BIC) mediante o Decreto de 22/04/1949 sobre “Protección de castillos españoles” (BOE nº 125 de 05/04/1949).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-CARRERAS Y CANDI F.:”Geografía General del Reino de Galicia”. Tomo I, Volumen IV. Ediciones Gallegas, S.A. A Coruña, 1980.
-DE VEDIA Y GOOSSENS, E.:”Historia y descripción de la ciudad de la Coruña”. Inst. José Cornide de Estudios Coruñeses. A Coruña, 1975.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/27775ca302.pdf (páx.37).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3694232586
Lonxitude: -8.40792059898
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84