
Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Taboadela
Parroquia: Soutomaior (Santiago)
Lugar: Pazos de Soutomaior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Canastro de tipoloxía mixta (pedra e madeira) de dous claros de capacidade situado ao carón da reitoral de Soutomaior, sendo os tres pares de pés de pedra e mais os tornarratos con forma rectangular de pedra e con cabezas redondeadas.
Os perpiaños da estrutura que forman os dous claros, están ben traballados, os laterais da cámara en madeira que aínda se conserva en bo estado.
Os costais nos que atopamos polo nacente a porta de entrada de madeira e o de poñente en pedra, formado por columnas de pedra con arestas biseladas e con físgoas para a ventilación.
Na cima cuberta a dúas augas con tella curva do país.
O canastro mais abundante nestas terras é, seguindo a clasificación de Ignacio Martinez, o das terras orientais, de tipoloxía mixta
(pedra e madeira), e única (madeira), con ou sen celeiro, segundo o caso.
O canastro tradicional desta comarca, sen dúbida o maior expoñente etnográfico e artístico destas terras, érguese maiormente
sobre unha soleira empedrada ou aterrada nos mais dos casos. Sobre esta superficie sitúanse os pés, uns elementos compostos
por unha breve columna de sección cuadrangular con arestas biseladas, rematada nun tornarratos con forma rectangular de pedra e
con cabezas redondeadas, se son enteirizas, ou totalmente redondas, se son independentes os de cada pé, e que ten por obxecto
imposibilitar o acceso dos roedores á cámara.
O número de pés varia en función do longo da cámara, sendo a media ducia o exemplo máis habitual.
A cámara é o elemento principal de este tipo de edificación. De planta rectangular, pode estar estruturada en un, dous, tres, catro, cinco e ata seis claros, que son como se denominan aos treitos de parede de madeira ou cantería, separados entre si por trabes pétreas verticais , que dividen o lateral dos canastros.
Os costais, onde nas mais das ocasións se sitúan os accesos a este peculiar almacén, péchanse con unha serie de táboas en sentido vertical, reforzadas horizontalmente con faixas, que deixan físgoas de entre 1 e 2 cm de apertura para permitir o paso a o vento que a de secar o gran.
Pola súa parte o frontal ou penal, pode estar configurado indistintamente polo mesmo modelo anterior, ou ben con un simple muro de perpiaño, no que tamén é posible ubicar un vano no que instalar a porta de entrada.
En ocasións a construción remátase con unha armazón de madeira que soporta un tellado a dúas augas, case sempre de tella curva, ornamentado con unha cruz e un pináculo ou bico na cumieira, a xeito de símbolos de carácter profiláctico laudatorio.
Os canastros ourensáns sitúanse nos lugares mais elevados dos eirados, ademais de sobre os valados que pechan estes, e mesmo sobre camiños, practicando sobre estes unha especie de ponte a xeito de portalón ou entrada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2388680386Lonxitude: -7.84843325615
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84