Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Cee
Parroquia: Santiago da Ameixenda
Lugar: Ameixenda
Outra denominación do ben: Batería do Príncipe
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Castelo do Príncipe na Ameixenda-Cee, empezouse a construir no 1740 xunto co Castelo do Cardeal de Corcubión. Este castelo rematouse de facer durante o reinado de Carlos III, dispoñendo as súas troneiras de maneira que cruzaban fogos co do Cardeal, na beira oposta. Respondía á tipoloxía de batería circular con hornabeque, e montaba 12 pezas de artillería en outras tantas troneiras dirixidas cara o mar. Ó amplo adarve que ten, ascendíase por unha rampa ou por dúas escaleiras de pedra; existindo tamén espaldóns resoltos con arcos rebaixados. Un gran edificio, pechando a gola e dirixindo as súas ás cara os semibaluartes do hornabeque, contiña os servizos loxísticos. O aparello é de cantería ben labrada no seu perímetro exterior e gran parte da súas fábricas interiores, o que lle dá gran realce visto dende o mar ou dende terra, onde tiña o foxo e a ponte pra entrar ó centro da cortina.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRIGUEZ-VILLASANTE PRIETO, J.A.: «Las defensas de Galicia», Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1984.
SORALUCE BLOND J.R.: «Castillos y fortificaciones de Galicia. La arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII». A Coruña, 1985.
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9284782663506Lonxitude: -9.169399738311767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Abr 25, 2017
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2017/04/09/castillo-ameixenda-pone-relieve-vulneraciones-bic/0003_201704C9C1996.htm
Oscar Franco says:
Set 8, 2017
Malia ser considerado Ben de Interese Cultural, este castelo, xunto ao castelo do Cardeal (http://patrimoniogalego.net/index.php/5593/2011/09/castelo-do-cardeal/#comment-5809) foi vendido. A nova é do 5 de setembro de 2017:
http://www.gciencia.com/historias-gc/venda-castelos-corcubion-millons-de-euros/