Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Bóveda (San Paio)
Lugar: San Paio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular, con unha soa nave con muros de cadeirado de granito.
No muro principal porta alintelada con decoración, sobre ela ventá cadrada, na cima moldura con pináculos laterais. Sobre esta espadana con dous arcos de medio punto con sendas campás, flanqueados por capiteis e coroada con frontón triangular con outro oco e pináculos laterais, na cima cruz de pedra.
Escaleira pétrea para subir a espadana. Na zona central da nave ten restos de antiga construción.
Presbiterio mais elevado que a nave, flanqueado por pináculos nas catro esquinas sobre a cuberta a catro augas, adosada a este e polo lado do nacente está a sancristía de menor altura e cuberta a tres augas.
A nave na súa unión co presbiterio ten un ensanchamento a cada lado a modo de capela. Polo lado norte ten pequena porta de entrada alintelada, polo sur ten tres ventás rectangulares.
Atópase rodeada do camposanto, tendo algún dos nichos pegados a ela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234ca103.pdf (P.1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4071316774
Lonxitude: -7.89347290993
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84