
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Morás (San Estevo)
Lugar: Santa Icía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Capela moi sinxeliña, de planta rectangular construída en boa pedra de cantería irregular con teito a dúas augas e con tella curva do país. No muro sur ten tres xanelas rectangulares a distintas alturas.
A fachada, de cantería de moi boa factura, é de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba mediante unha porta alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana dun só corpo formando un arco de medio punto sobre machóns moldurados onde vai a campá. Coroa esta espadana un acroterio triangular cunha cruz flanqueada por dous pináculos con bóla.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3109198202Lonxitude: -8.45655441284
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84