Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Rebordáns (San Bartolomeu)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa, inicialmente románica, sufriu diversas transformacións ó longo do tempo. Foi fundada no século XI.
O templo é de tipo basilical con tres naves e tres ábsidas, semicircular a central e rectangulares as laterais. A súa portada foi reedificada no século XVIII.
Entre os elementos decorativos salientan os capiteis románicos, alguns historiados, como o que representa a degolación de San Xoán Bautista, e as pinturas da capela maior de finais do século XVI e que representan diversas esceas da paixón de Cristo realizadas en tons ocres e terra. En 1776 a súa portada románica foi substituída por outra de estilo barroco realizada polo mestre canteiro Juan Francisco de Novás Gayoso.
Na capela maior consérvanse unhas magníficas pinturas murais do século XVI que representas diferentes esceas da Paixón de Cristo e que corresponden ao obradoiro dos pintores tudense da familia Serveira. Tamén se descubriu unha imaxe de pedra policromada do século XII que representa a San Bartolomeu e que hoxe preside o interior da capela maior con ábsida de forma semicircular e bóveda de cascarón.

A igrexa de San Bartolomeu está levantada sobre unha necrópole romana, en parte visitable; o edificio aparece xa citado nun documento do ano 965 e acolleu un mosteiro de monxes de San Bieito dende o século XI, establecendose o bispo Xorxe tras a restauración da sede no 1069 ata o ano 1179 no que o bispo D. Beltrán traslada a súa residencias aos novos pazos episcopais. O mosteiro continuara ata o 1435, cando por medio dunha bula outorgada por Uxío IV, o Monteiro é disolto e as súas rendas dimensións é agregadas á Mesa Capitular tudense, constituíndose neste momento en San Bartolomé de Rebordáns en igrexa parroquial. Nela celebráronse dous concilios.
Na década de 1970 realizáronse unhas escavacións arqueolóxicas que descubriron restos romanos, suevos e visigodos correspondentes a un templo anterior. Nesas prospecións arqueolóxicas apareceron moedas, cerámicas e unha lauda tardoromana.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA 36055021
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (Páxina 25)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA101.pdf (Páxian29)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=4597&ctre=31
http://tudensia.blogspot.com.es/search/label/San%20%20Bartolomeu%20de%20Rebord%C3%A1ns

https://www.farodevigo.es/sociedad/2016/06/30/mil-quinientos-anos-historia-tierra/1489804.html
http://argologia.blogspot.com/2019/06/la-excavacion-de-rebordans.html

BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. ANTIGUAS FIESTAS. ROMERIAS Y PROCESIONES DEL BAJO MIÑO. A Guarda. 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0532759637
Lonxitude: -8.63902509212
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84