Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tui
Parroquia: Rebordáns (San Bartolomeu)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro nace sobre tres chanzos cadrados e unha base moldurada na que aparece a seguinte inscrición:
“AÑO 1770-CON LIZENCIA DE M N I L CIVDAD MANDARON AZER I PINTAR ESTA OBRA PIA COSTEARON I PAGARON POR DEBOXION A DIOS EL PROCVRADOR DN PEDRO DE BARROS I SV MUGER DA QUITERIA ROSALIA DVRAN INIGO I ARZE”.
O seu varal cilíndrico está cuberto de alegorías, entre as cales destacan as figuras de San Pedro e santa Quiteria e San Bartolomé.
A cruz, feita de paus sen traballar, presenta a Cristo baixo cartela de INRI por unha cara e, pola outra, á Virxe co seu fillo morto sobre os seus xeonllos.

Na parte dianteira, ao pé da base, podemos ver un panel de ánimas no que se representan a tres almiñas entre as lapas purificadoras do purgatorio. Xusto debaixo aparece o peto para as esmolas

Este cruceiro do ano 1770 sitúase nas inmediacións da Igrexa de San Bartolomeu de Rebordans, aínda que a súa posición orixinal era a que a día de hoxe ocupa o conxunto escultórico adicado a Calvo Sotelo, na entrada de Tui.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA108.pdf (Ficha 518 – Páxina 54)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605506.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=18158&ctre=55

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN J. De Tui a Santiago. Cruceros y Petos de ánimas del Camino Portugués (En liña)
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
CASTRO GUERREIRO, Alfredo José. (1999). Os máis belos cruzeiros do Baixo Minho. Alto Minho e Galiza. Edição da Cervocultural.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0534009575
Lonxitude: -8.63940817253
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84