Igrexa de San Vicenzo da Baña
Catalogouno elixiovieites o Mar 21, 2014 • 10:03 p.m. •

Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: A Baña (San Vicenzo)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa barroca de planta de cruz latina con brazos cortos e teito a dúas augas con cuberta de tella curva. Feita con muros de sillería de granito no exterior e mampostería no interior. Levantada sobre a antiga capela da Nosa Señora do Castro, da cal non quedan restos. Converteuse en parroquial en 1772 debido ao mal estado en que se atopaba o antigo templo da Baña. A fachada amosa porta alintelada, con adornos de molduras no marco, baixo un pequeno pórtico que fai un arco cego de medio punto. Enriba dela, fornela onde vai a figura do patrón da parroquia, feita con adornos de pequenas pilastras e relevos de volutas nos lados, con remate de cornixa en forma de arco e adorno de vieira no interior da bóveda. No centro da fachada, unha ventá cadrada na que foi engadido un reloxo, flanqueada con adornos de grilandas e clípeos , e por enriba, unha figura dentro dun oco circular, tamén con grilandas e molduras. Os laterais dos muros da fachada levan grandes pilastras acaroadas rematadas en cornixas molduradas. O campanario arranca no eixo central do cume da fachada, sobre base cadrada con adornos de placas. A torre é lisa ata o entaboamento, sobre ela pilastras refundidas enmarcan arcos de medio punto con pequenas balaustradas na parte inferior. Remata en corpo octogonal con arcos e unha pequena cúpula nervada con pináculo de bóla e unha cruz de ferro na cima.
Os muros laterais do templo levan contrafortes enlazados con arcos cegos e no interior do templo hai bóvedas de aresta con arcos faixóns sobre ménsulas.
A igrexa está situada fronte ao castro da Baña, e o cemiterio vello está metido na súa banda oeste, por onde ía a defensa do recinto.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Ficha do pxom do Concello da Baña
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA005.pdf (pax. 1)
Web das parroquias da Baña
http://www.concellodabana.es/index.php?id=107&L=0
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9519152195Lonxitude: -8.7646651268
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





