Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: A Baña. (San Vicenzo)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro álzase sobre plataforma de planta triangular que leva tres chanzos. Base de forma triangular e fuste de sección octogonal, rematado en capitel sinxelo que leva uns rostros en relevo, en cada lado, enmarcados con estrías radiais cara o seu centro. Cruz de sección octogonal con cartela e de brazos potenzados, onde vai un cristo con pano de pureza á dereita e unha virxe con manto, apoiada sobre cabezas de anxos e cos brazos en actitude de rezar. Todo o cruceiro ten as figuras moi erosionadas o que fai que non se lle aprecien ben os detalles que as conforman.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ficha do catálogo de Bens do Pxom do Concello da Baña
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA007.pdf (pax. 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9519230722
Lonxitude: -8.76424670219
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84