Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: San Vicente de Elviña
Lugar: Cemiterio de Feáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado. O varal é octogonal comezando en cadrado cos paramentos recadrados. Ten adornos nos chafráns ademais dos símbolos da Paixón: Escada, Cravos, Tenaces e Martelo. O capitel é cilíndrico, con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados curvos e cos vértices achafranados. Ademáis posúe volutas, follas de acanto e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e uns anxos coroándoa. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol.II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3163845391
Lonxitude: -8.44361677766
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84