Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Santa María de Salto
Lugar: Mosquetín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

En Mosquetín hai un fermoso conxunto formado por sete muíños e tres batáns recollidos en dous edificios de planta rectangular situados entre o río e as canles, dispostos paralelamente a ambos. O edificio máis alonxado do río, consta de tres estancias que albergan os batáns, os “Muíños de Arriba” e o “Muíño do Relón”. O segundo, o dos “Muíños Albeiros”, tamén se divide en tres estancias, que neste caso só cobixan muíños. Os batáns eran empregados para mazar o liño e a lá, mentres os muíños son todos eles de tipo fariñeiro do modelo máis clásico e frecuente na Galiza. Dende a finais do ano 1997, o conxunto veu sufrindo todo un proceso de rehabilitación. Todas as intervencións levadas a cabo así como as que se teñen previstas están encamiñadas á musealización dos batáns, cunha área de lecer no seu contorno.
A mecánica dos batáns é a seguinte: As mantas colócanse nunha Pía do batán, que é unha cavidade que hai na parte central da Mesa. Entra auga pola Canle e bate con forza contra as Paletas Cuncas ou Penas do Rodicio, que é unha roda xiratoria coma a do muíño, pero que na do batán colócase en sentido vertical. O virar desta roda co bater continuo da auga fai virar tamén o Eixe ó que vai unida, de onde sobresaen dous grosos tablóns chamados as Elevadoras, que ó petaren contra o estremo das Almancas, erguen alternativamente eses pesados cepos prismáticos, as Manlles. E estes son os que mazan as mantas ó caeren con toda a forza contra a Pía.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.154072091003286
Lonxitude: -8.986161947250366
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84