Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Asados
Lugar: Somoza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Recinto fortificado cunhas medidas de 80 metros (n-s) e 63 metros (o-e), ubicado na zona superior dun outeiro que separa o val de Asados-Araño das estribacións e vales que levan ata a ribeira do río Ulla. Ubicado a 217 metros de altura, dispón dunha amplísima perspectiva sobre o territorio que o rodea. O recinto fortificado consta dunha muralla perimetral formada por pedra e cachote, engrosada na zona norte como resposta a un pequeno chan, e complementada na área sur con outro parapeto exterior que se parece estender alomenos pola metade da cara oeste. Este último aspecto, visible nas imaxes LIDAR, non puido ser comprobado in situ, onde si é perceptible o parapeto exterior da cara sur.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O sitio arqueolóxico está en perigo inminente, e profundamente destrozado pola acción da maquinaria forestal. Os muros están derrubados e profundamente rebaixados, e toda a superficie do sitio arqueolóxico está aberta polos sucos de prantación de eucaliptos. A degradación do espazo arqueolóxico é tan notable que é preciso unha certa experiencia para recoñecer as estruturas, que son máis visibles no doble parapeto do sur e no “bastión” do norte, que aterraza artificialmente o outeiro.


Onde está localizado

Latitude: 42.6736959786
Lonxitude: -8.77569437027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84