Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Vigo
Parroquia: Lavadores (Santa Cristina)
Lugar: A Bouciña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Esta antiga casona industrial, que tamén funcionou ata fai pouco como secadoiro de bacallau, atópase moi modificada hoxe en día. Está construída a base de cachotería coas ventás enmarcadas.

A fábrica xa aparece referenciada na Exposición Regional de Lugo do ano 1877.
Na obra de R. Rodríguez Blanco “Historia de la Catedral de Tuy” de 1879 se fala do papel fabricado nesta industria como “un papel alisado, delgado y de baja calidad, fabricado en máquina plana”.

Hoxe en día funciona como almacén de distintas empresas.

Co papel desta fábrica se fixeron os primeiros números do periódico “Faro de Vigo”; e tamén no ano 1862 o “Diccionario de escritores gallegos” de Manuel Murguía, con Juan Compañel como editor, que tamén foi socio fundador da fábrica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha IF.14.002 – páxina 118)
https://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/200
http://mas.farodevigo.es/especiales/160_aniversario/?id=90
http://rosaliadecastro.org/wp-content/uploads/2013/05/ExposicionCantares150Anos.pdf

BIBLIOGRAFÍA
Sestay Martínez, Iván. “Toponimia do Val do Fragoso 2 Lavadores”. Vigo : Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións, 2010
Gayoso Carreira, Gonzalo. “Notas complementarias a la Historia del Papel en España”


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2264676721
Lonxitude: -8.68257343769
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84