Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Punxín
Parroquia: Ourantes (San Xoán)
Lugar: Igrexario de San Xoán de Ourantes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo e un pedestal cúbico con mediacana, figuras e inscricións. O varal empeza cadrado ata o primeiro cuarto de varal, tendo as figuras da Paixón, Escada, Cravos, Tenaces e Martelo. Despois convértese en octogonal na súa metade para logo pasar a ser cilíndrico ata chegar o seu capitel cilíndrico, con astrágalo circular e co ábaco de lados curvos e vértices achafranados con volutas e follas de ápice. O capitel está fendido e esta suxeito cunha abrazadeira na súa parte baixa cilíndrica. Na parte do ábaco no lado do anverso da cruz, tamén ten unha fenda importante. A súa cruz e circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo anverso da cruz fica a Virxe con anxos. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3585742508Lonxitude: -8.02068337798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 14, 2015
Segundo o libro “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense” de Estanislao Fernández de la Cigoña, este cruceiro posúe unha inscrición na súa base que di:
“LE MANDº
ACER D
PGAG
AÑO DE (ilexible).
Oscar Franco says:
Xul 11, 2021
ë interesante destacar que este cruceiro posúe un peto de ánimas cun retablo situado no cubo do cruceiro. O retablo mostra a 3 ánimas entre as lapas do Purgatorio.
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/320650301.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
FERNÁNDEZ DE LA CIOÑA NÚÑEZ, Estanislao (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”