Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Punxín
Parroquia: Ourantes (San Xoán)
Lugar: Igrexario de San Xoán de Ourantes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo e un pedestal cúbico con mediacana, figuras e inscricións. O varal empeza cadrado ata o primeiro cuarto de varal, tendo as figuras da Paixón, Escada, Cravos, Tenaces e Martelo. Despois convértese en octogonal na súa metade para logo pasar a ser cilíndrico ata chegar o seu capitel cilíndrico, con astrágalo circular e co ábaco de lados curvos e vértices achafranados con volutas e follas de ápice. O capitel está fendido e esta suxeito cunha abrazadeira na súa parte baixa cilíndrica. Na parte do ábaco no lado do anverso da cruz, tamén ten unha fenda importante. A súa cruz e circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo anverso da cruz fica a Virxe con anxos. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3585742508
Lonxitude: -8.02068337798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84