Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Pazo / Casa Grande,
Concello: Zas
Parroquia: San Crimenzo de Pazos
Lugar: Daneiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta casa forte foi construída no século XVIII, e foi ampliada no primeiro tercio do século XIX. Máis tarde sería restaurada en dúas ocasións: en 1910 e 1960. Coidouse moito en manter as madeiras nobres como as dos chans de castiñeiro e as estruturas e soportes de carballo.
Esta casa forte xoga entre sombras de castiñeiros, carballos, abetos e cipreses, coa cor avermellada do teito e as vellas e sobrias pedras seculares.
Trazado en forma de L con diversos engadidos que a tranformaron levemente, adáptase con elegancia ó desnivel do terreo. Unha escalinata de pedra apégase nun dos encontros das coxías no que, aproveitando o refuxio do vento, colocouse unha solaina cuberta, configurándose no baixo un soportal no que, a cantería de granito é a protagonista. A disposición dos vans realízase seguindo un marcado ritmo entre eles, e aparecen fiestras de distintas tipoloxías, buscando unha maior entrada de sol. Grandes xanelas, fiestras con mainel, sempre enmarcadas pola presencia constante da pedra, agás nos panos nos que a hedra invade o espacio.
Na fachada principal atopamos o escudo de armas o brasón que reflicte as linaxes como a cabeza de lobo dos Moscoso, as follas de figueira dos Figueroa, as barras dos Varela e a letra M dos Montenegro.
A finca pacega ten tamén un pombal e un cabazo onde non facía moito tempo almaceábase o gran nel. O pombal, vixiado polos abetos, é tradicional de planta circular e dous pisos pra alberga-las aves e rematado por un pináculo cilíndrico, mentres que o cabazo, de tamaño medio está construído con sillares verticais pra estructura principal e outras máis pequenas pra os horizontais, está coroado por unha cruz. Nembargantes, o gran tesouro deste entorno atópase na finca, o xardín. Tódolos camiños conducen baixo sombras ó río Grande que baixa con forza polas chuvias e que conta cunha maravillosa pontella de pedra pra cruzar dunha marxe a outra. Centos de árbores medran polos sendeiros e cubren de natureza viva a paisaxe. As secuoias, as árbores máis grandes do mundo chegadas de California, levántanse rectas cara ó ceo, as acacias negras australianas, e como non, os carballos galegos, os castiñeiros, abetos e pinos do país. Unha verdadeira xoia vexetal coidada polo seu dono Manuel Varela, descendente dos antigos moradores deste pazo, e coa intervención da Misión Biolóxica de Lourizán que fan un auténtico pulmón verde en pleno concello de Zas, na comarca da Terra de Soneira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-TROIANO CARRIL, X. :Revista Eixo, outubro 2003, pax.13.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.14095676395473
Lonxitude: -8.92014741897583
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84