Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Boqueixón / Santiago (comarca)
Parroquia: Lamas (Santa María)
Lugar: A Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de traza barroca, ten planta de cruz latina con sancristía acaroada no lado norte da cabeceira. Tellado a dúas augas na nave principal, e a catro na cuberta do cruceiro, con tella do país. Fachada feita de sillería de granito e cos demais muros recebados e pintados de branco. Remata todas as esquinas superiores dos seus corpos con pináculos de bólas. Amosa na fachada porta alintelada con molduras e enmarcada en pilastras, unha ventá cadrada acristalada no centro, e enriba desta, unha fornela enmarcada nunha cornixa curva, con bóveda de vieira e pequenas pilastras laterais e volutas aos lados que acollen a figura da Virxe. A torre do campanario arranca de base cadrada, e despois de cornixa voada, leva corpo de ocos de arco de medio punto para as campás. Remata en corpo octogonal con cúpula nervada con pináculos de bólas nas esquinas e no cume. Na cima unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BOQUEIXON/documents/0077CA003.pdf
(pax. 3 de 8 do doc pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8453560712
Lonxitude: -8.44561100006
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84