
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: O Bolo
Parroquia: San Martiño (San Martiño)
Lugar: Barxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Feito en 1903 por Don Emilio López para o aproveitamento dun manancial de augas ferruxinosas situado a 700 metros do encrave. A morte deste, o conxunto pasou a ser propiedade dunha filla ata que o lugar quedou finalmente abandonado despois da guerra civil.
Non hai estrada para chegar ao conxunto, soamente un vieiro dende o cercano pobo de Barxa que finalmente remate nun camiño estreito de pedra.
O conxunto consta de tres edificacións. O primeiro edificio de planta rectangular, de dous andares con piso de carpintería de madeira en bo estado e teitume de xisto a unha auga. Estaba adicado as dependencias familiares, consta dunha capela adicada a San Francisco Xavier, diversas dependencias e habitacións, cociña e cortello para os animais.
Unido a este por unha porte, ten outro edificio máis pequeno de planta cadrada e tamén con teitume a unha auga de xisto e piso de madeira, hoxe apodrecido e parcialmente perdido. Atopamos nel unha cociña e dependencias para o servizo, e un pombal na beira sur.
Enfronte de estes dous, cara ao norte, e doutro lado dunha pequena praza, atopamos a hospedería, un edificio de planta en forma de L, dous andares con piso de madeira en bo, faiado con tellado de xisto a unha auga. Nel atopamos diversas dependencias e habitacións para hospedes, faiado, unha gran cociña cun forno acoroado pola beira sur.
A carón deste edificio deste edificio, pola beira norte, atopamos tamén unha lousa de pedra, en posición horizontal sobre un oco, posiblemente fora parte dun sanitario.
Máis ao norte hai un pequeno merendeiro formado por unha tres bancadas en torno a unha mesa de pedra de granito, sobre un promontorio que domina o encoro de Santa Baia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Na capela aínda podemos atopar un retablo cego de estilo neogótico.
Tradición oral:
Seica o fundador Don Emilio era home moi mañoso co traballo dos metais, a tal punto que chegou a fabricar pesos de prata cuspidiños aos auténticos. Cóntase que antes de morrer, contoulle aos seus fillos que nalgún lugar do monte deixou soterrado un pote deles, pero sen dicir o lugar exacto. Xa defunto o pai, os fillos andiveron durante moito tempo furando no monte para atopar o pote cos pesos de prata, mais non deron con el, polo que, o pote con pesos de prata aínda seguirá no mesmo sitio. Tamén se conta que durante os anos 70, estando xa o lugar abandonado, atopouse unha vella maleta que contiña grande cantidade de documentos en alemán, así como símbolos fascistas, cruces gamadas e algunha peza dun uniforme alemán da Segunda Guerra Mundial. Seica todo isto pertencía a algún peixe gordo das SS que ao rematar a guerra viu a agocharse no balneario. O que non se di e se morreu alí no balneario ou si fuxiu para Sudamerica. Seica no pobo hai quen aínda garda a maleta, malia que non se conte.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mako (Jaime) “El Balneario de Mondón” [En liña] Alberquería, 06-2006 [Consulta: 31-03-2014] Dispoñible en: http://www.albergueria.es/bmondon.htm#EL_BALNEARIO_DE_MOND%C3%93N
Alvarez, Juan Carlos “El Balneario de Mondón” [En liña] Prada, un pueblo del Concello de A Veiga en la Comarca de Valdeorras Ourense – Galicia. [Consulta en: 31-03-2014] Dispoñible en: http://www.pradaweb.es/mondon/mondon.html
“Balneario del Mondon” Taringa, Inteligencia colectiva, 2008(?) [Consulta 31-03-2014] Dispoñible en: http://www.taringa.net/posts/imagenes/919057/Abandonados-Balneario-del-Mondon.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3415519196Lonxitude: -7.05154895782
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84