
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Bolo
Parroquia: Ermidas, As (Santa María)
Lugar: Ermidas, As
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro situado no adro do santuario de Santa María das Ermidas.
Consta dunha planta rectangular de cinco chanzos. O baseamento de planta cadrada amosa diversas molduras sobre os que se presentan, en cada beira, unha caveira sobre tibias.
O varal é moi sinxelo , no seu comezo e de planta cadrada, decorada con dous astrágalos en cada unha das súas beiras. Ó rematar esta sección comeza sendo de arestas rebaixadas con acanaladuras estriadas deica rematar en nunha sección máis estreita e circular.
Ten un capitel clásico de estilo corintio sobre o que se alza unha cruz latina de estremos potenzados e con botón.
No anverso da cruz, Cristo crucificado baixo cartela de INRI, co corpo pegado ao pau e aos brazos da cruz. Costelas marcadas mediante liñas paralelas e pano de pureza moi curto amarrado a esquerda.
No reverso, Virxe das dores sostendo o corpo de Cristo, proporcionalmente máis pequeno que o da virxe. Conserva catro puñais en metal que saen da súa espalda.
Raios solares feitos en metal saen da unión do pau da cruz cos brazos da mesma.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2925070825Lonxitude: -7.13827013969
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84