Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: O Bolo
Parroquia: Chao de Castro (San Martiño)
Lugar: Chao de Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de granito con peto de animas. Plataforma de planta cadrada con baseamento en dúas partes, a primeira cunha moldura en escocia sobre o que se argue una peza cúbica que forma a segunda peza do baseamento. O varal de arestas rebaixadas amosa un peto de ánimas na súa altura media. Nel vemos retablo con diversas cabezas que representan as ánimas do purgatorio, caixa para esmolas e unha lenda. “ANIMAS”.
Capitel moi prominente formado por un ábaco sobre moldura de caveto.
Cruz latina de arestas redondeadas con Cristo crucificado no anverso e sen imaxinería no reverso. O Cristo, baixo cartela de INRI, amosa o corpo pegado a cruz, case en baixorrelevo, con catro cravos e pano de pureza curto amarrado á esquerda.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2721328294Lonxitude: -7.10862636566
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 14, 2015
Unha referencia biliográfica deste peto:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998