Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Veiga
Parroquia: A Veiga (Santa Maria)
Lugar: Rúa Nova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro situado en fronte ao edificio do concello da Veiga. Non ten plataforma. Baseamento cúbico de arestas rebaixadas. O varal é de planta cadrada case que na súa primeira metade para pasar a ser de planta octogonal na segunda metade. Atopamos a firma do autor labrada e policromada en negro no anverso do varal:
P LALÍN
O capitel consta de collarino octogonal con astrágalos e volutas angulares. Sobre el un ábaco prominente sobre o que se alza o conxunto da cruz. A cruz é latina e sinxela, no anverso Cristo de catro cravos sobre supedaneum e baixo cartela de INRI. Pano de pureza curto e amarrado a dereita. Á beira do cristo unha pequena figura sobre pedestal sustenta un cáliz na súa man dereita diante do Cristo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2500411293
Lonxitude: -7.02600094974
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84