Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Forcarei
Parroquia: Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
Lugar: Soutelo de Montes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O cruceiro atópase no adro da igrexa de Santa María Madanela, en Soutelo de Montes, e data dos anos 60 do século XX. Posúe un plataforma de elevada altura sen chanzos feita en ladrillo que segue a contorna do muro de peche onde está situado. O baseamento é de pequeno tamaño en pedra de granito, De perfil rectangular e arestas superiores rebaixadas. Varal común de tramo inicial de planta cadrada para pasar a ser octogonal. Na altura media amosa a figura do apóstolo Santiago na advocación de peregrino. Capitel Composto. Cruz latina con remates en flor de lis. No anverso Cristo crucificado en no reverso, Virxe da Peregrina co neno Xesús en brazos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rozados, Francisco. “Cruceiros, cruces, petos e monumentos funerarios no Concello de Forcarei” Forcarei: Revista Cotaredo 2002. Nº V. p. 86


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5363564107
Lonxitude: -8.29966396093
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84