Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Pereiro de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de plataforma dun so chanzo e baseamento cúbico con arestas redondeadas. O varal é de planta cadrada no seu comezo pero pasa a ser oitavado. O primeiro tramo conten un retablo en cada faceta no que se amosan os instrumentos da paixón: na beira anterior, escaleira de man de seis chanzos; na beira dereita, tenaces e martelo; no reverso, coroa de espiñas e tres cravos e, para rematar na beira esquerda, un látego. Tamén podemos ver un santiño, na parte media do varal, que viste casulla e porta un obxecto non recoñecible na súa man esquerda. O capitel porta volutas angulares con querubíns na parte central de cada faceta, non sendo no anverso, baixo o Cristo, na que vemos a caveira sobre dúas tibias cruzadas.

A Cruz parece proporcionalmente máis pequena respecto ao resto do conxunto. Está formado por un a cruz potenzada de brazos e pau oitavados. No anverso vemos un Cristo de catro cravos de labra rústica cunha forte frontalidade, e no reverso, unha virxe en aptitude orante.

Cumpre destacar o gran diámetro do varal e do capitel.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio” Mos: AGCE, 2007. ISBN: 978-84-87904-57-8. p 117-119


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4433597847
Lonxitude: -8.70338737965
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84