Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Moaña
Parroquia: Meira (Santa Olalla)
Lugar: Borna
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Sobre a aba do monte que cae sobre a praia de Borna, nun conxunto de laxes duns 12 x 25 metros, hai varios gravados rupestres, presumiblemente da Idade do Bronce, distribuídas en dous paneis contiguos.

No primeiro deles, situado máis alto e máis ao Oeste, aparecen case 50 motivos en forma de cruz, ou máis ben antropomorfos, con brazos, pernas e cabeza, todos eles coa mesma orientación, xunto con algúns outros trazos.

O segundo, uns poucos metros cara ó leste, contén, ademais das cruces, trece deseños en forma de U, coas puntas reviradas cara abaixo. Algúns destes motivos acollen no seu interior unha cruz, e un deles unha coviña, e foron interpretados coma embarcacións primitivas. O máis grande destes motivos representa unha “embarcación” de fondo plano, coa popa rematada por unha cruz, e a proa por un trazo en forma de peteiro, interpretado como a cabeza dun animal. A bordo, hai tres cruces, esquematizacións de mariñeiros ou mastros primitivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36029005
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Na laxe están gravadas as pegadas de San Pedro, quen dende aquí pegou un chimpo para chegar milagrosamente ao outro lado da ría.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ALONSO ROMERO, Fernando. (1974). “Hallazgo de un Petroglifo con Representaciones Esquemáticas de Embarcaciones de la Edad de Bronce”. Zephirus, t.XXV p. 295-308.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A laxe parece algo afectada polos incendios dos últimos anos no monte.


Onde está localizado

Latitude: 42.2839011375
Lonxitude: -8.69745701551
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84