Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Lugo
Parroquia: Monte de Meda (Santa María Madalena)
Lugar: Monte de Meda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Situada na cima do Monte do Picato. Trátase dunha mámoa duns 30 metros de diámetro e 2 de altura. Ata hai poucos anos, só estaba alterada por un vértice xeodésico que colocaran no cumio do túmulo, mais logo foi atravesado por unha máquina para facer un acceso á torreta de vixiancia de lumes que se atopa a poucos metros o que provocou, ademais, a desaparición de dous esteos da cámara funeraria que sobresaían do cráter de violación.
O lugar está ocupado, ademais de pola devandita torreta, por unhas antenas e unha cabana utilizada polos cazadores.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: InfraestruturaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
No PXOM do Concello de Lugo, rexistrado na Xunta de Galicia no mes de xaneiro de 2012, figura o vértice xeodésico mais non o corte polo que daquelas, suponse, aínda non se tería producido a agresión.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mamoas-e-antas-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LUGO/documents/27519ca007.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Sobre o cumio do túmulo colocouse un vértice xeodésico e foi cortado polo medio por unha máquina.
Onde está localizado
Latitude: 42.9347782169Lonxitude: -7.64852285385
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xabier Moure says:
Abr 15, 2014
http://www.vtelevision.es/informativosv/2014/04/14/0031_3468070157001.htm