Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa Comba de Carnota
Lugar: Mallou
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Mallou da época da Idade do Ferro, está situado na parte superior dun outeiro a 121 metros de altura sobre o nivel do mar, de ladeiras escarpadas, con excelentes condicións de defensa e dominando visualmente toda a planicie do litoral de Carnota. Presenta varios recintos:
O recinto principal ou croa, sitúase no cumio do outeiro. É unha plataforma na que se concentrarían a maioría das vivendas cunhas medidas de Norte a Sur duns 110 metros por uns 60 de Leste a Oeste contando cunha superficie duns 4450 metros cadrados de superficie. O seu estado de conservación é regular pois moitas das pedras que conformaban as vivendas foron collidas pra construcción de vivendas e peches das fincas cercanas, como en tantos outros lugares.
As plataformas inferiores, terrazas alongadas que aproveitaban o desnivel das ladeiras. Cara o Sur localízase ademáis un recinto semicircular ou antecastro e unha terraza. Os recintos están protexidos por un sistema defensivo complexo, así o recinto principal aparece cinguido por unha muralla escalonada de gran altura e solidez. Por debaixo de ésta localízase unha segunda muralla que cingue as terrazas da plataforma inferior. As defensas refórzanse cara o Sur coa terceira muralla e un pequeno parapeto, entre os que se localizaría un foxo. Todo o conxunto castrexo contaría cunha superficie de 1,38 Ha. máis ou menos.
O castro de Mallou foi escavado nunha pequena parte, realizadas pola empresa Anthropos, no ano 2006 e 2007, descubrindo un posíbel alxibe, corpo de garda e a limpeza da entrada ou acceso orixinal do Castro situado pola zona Oeste.
Nas dúas últimas semanas de xullo do 2013, realizánronse traballos de limpeza e escavacións nunha parte do castro a cárrego do arqueólogo Antón Malde descubrindo varias vivendas que seguían un patrón na construcción de ditas vivendas, tamén se atopou moita escoria de ferro indicando unha posíbel ferreiría e moita cerámica do ano IV a II antes de Cristo así como posibles evidencias de comercio púnico. Tamén houbo achádegos de anacos de muíños barquiformes e doutro enteiro. Hoxendía éntrase pola ladeira Leste a través dunha rampa ou desnivel na muralla.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15020016
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición oral de Mallou está vinculada aos mouros, á galiña con pitos e os ovos de ouro e, como non, A Raíña Lupa, un dos elementos tradicionais do folclore mítico galego. A Raíña Lupa  co seu outeiro pechando polo oeste o parapeto sur cunha das pedras  chamada “a cadeira ou pedra da raiña Lupa”, establecendo así un vínculo co monte Pindo, onde estaría o trono da deusa ou raíña, segundo a lenda e a tradición oral.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf e o plano de ordenación correspondente ao ámbito das N.S.P. (1996)

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=23109&fb_action_ids=691713790854353&fb_action_types=og.recommends&fb_source=other_multiline&action_object_map=%5B454705874628160%5D&action_type_map=%5B%22og.recommends%22%5D&action_ref_map=%5B%5D


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Dada a crecente vexetación de pinos, eucaliptos e toxeiras, pode que corra certo perigo.


Onde está localizado

Latitude: 42.8051619722
Lonxitude: -9.09871816635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84