Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Palleira é o termo empregado polos veciños desta parroquía para estas construccións independentemente do tamaño ou material empregado, inda que con anterioridade estaban moi estendidas as construccións con cuberta de colmo e paredes de trenzado de ramas de sabugueiro.

Considérase que ten a mesma antigüedade que o convento, polo tanto é do principios do século XVIII.

Situado na finca do Mosteiro de Poio. É unha palleira dobre, é dicir, está sustentado por 17 “tríos” de pés. Están formados por un esteo oitavado e moi groso que se apoia sobre un baseamentoa a rente do chan. O tornaratos é circular coa parte superior redondeada e unha superficie plana para apoiar nas padieiras. Sorprende a pouca altura da suspensión que apenas eleva a cámara da palleira un metro.

As paredes de granito van divididas por doelas verticais, agrupadas de cinco en cinco por cada tramo. Tamén atopamos as doelas nas paredes menores dos extremos. Hai catro portas situadas na parede que dá á eira.
O tellado é de catro augas, algo inusual nesta zona, de capintería de madeira e tella do país. Conta cun beiril moi saínte.

O espazo interior está divido en dous por unha parede transversal. Contra o costume, neste tipo de hórreos anchos, non ten división ao longo.

A súa cámara conta cunha lonxitude de 33,46 m. un ancho de 3,69 m. un alto de 2,29 m. o que o convirte no hórreo de maior superficie con 123,12 m².


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Martínez Rodríguez, Ignacio “El Horreo Gallego” Montevideo (Uruguay): Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1975. ISBN: 84-85728-00-9. Páx: 277.

Caamaño Suárez, Suárez “Galicia, As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico” Santiago de Compostela: Hercules de Ediciones, 2003. ISBN: 84-96314. Páx: 324.

Caamaño Suárez, M. “Agrupamentos e tipoloxías singulares no mundo dos hórreos galegos”. San Tirso de Abres: Actas del II Congreso europeo del hórreo en la arquitectura rural. Foro Cultural del Noroeste, 2004. ISBN 9788488071493.

López Solís, J.M. y otros “Hórreos de la parroquia de San Juan de Poyo” Pontevedra: Museo de Pontevedra, 1974. Tomo XXVIII.

Decreto 449/1973 de 22 de febrero por el que se colocan bajo la protección del Estado los “hórreos” o “cabazos” antiguos existentes en Asturias y Galicia. B.O.E. número 62, 13 de marzo de 1973.
Dispoñible en:https://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4469501724
Lonxitude: -8.68507862091
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84